Saltar ao contido

Pobo croata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo croata
Rapazas croatas.
Poboación
Poboación total:
c  9 millóns
Rexións principais:
Croacia Croacia3 874 321 (2011) census[1]
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina544 780 (2013)[2]
Alemaña Alemaña227 510 – 350 000 (est )[3]
Austria Austria150 719 (2001)
Serbia Serbia57 900 (2011)
Suíza Suíza40 484 (2006)
Francia40 000 (est )[4]
Eslovenia Eslovenia35 642
Aspectos culturais
LinguaLingua croata
RelixiónCatólicos
Grupos
relacionados
Pobos eslavos

Os croatas (en croata: hrvati) son unha nación e pobo eslavo que viven principalmente en Croacia e Bosnia e Hercegovina, pero tamén son unha minoría oficialmente recoñecida en Austria, República Checa, Hungría, Polonia, Italia, Montenegro, Romanía, Serbia, Eslovenia e Eslovaquia. Por mor de situacións políticas, sociais e económicas, moitos croatas migraron a outros lugares de Europa (especialmente Alemaña, Austria, Suíza, Francia e Italia) e América (particularmente os Estados Unidos de América, o Canadá, a Arxentina e Chile).

Os croatas son principalmente católicos. A lingua croata é oficial en Croacia e Bosnia e Hercegovina, así como na Unión Europea, e está recoñecida como lingua minoritaria nas comunidades croatas de Montenegro, Austria (Burgenland), Italia (Molise), Romanía (Carașova, Lupac) e Serbia (Voivodina).

  1. "Central Bureau of Statistics". Dzs.hr. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  2. Sarajevo, juni 2016. CENZUS OF POPULATION, HOUSEHOLDS AND DWELLINGS IN BOSNIA AND HERZEGOVINA, 2013 FINAL RESULTS (PDF). BHAS. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2017. Consultado o 30 de xuño de 2016. 
  3. "State Office for Croats Abroad". Hrvatiizvanrh.hr. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  4. "Présentation de la Croatie" (en francés). Ministry of Foreign Affairs and International Development. Consultado o 28 de xuño de 2016.